A proposta de decreto desvertebra a fala

.


A presentación do «decreto do plurilingüismo» do señor Feijóo a escuras e de vacacións semella a legalización que propiciou Adolfo Suárez en Semana Santa do Partido Comunista, cunha gran diferencia, entón saíamos dunha dictadura e labrouse o comezo dunha democracia, agora o presidente da Xunta de Galicia camiña cara atrás e contradí o noso Estatuto de Autonomía ao non potenciar a lingua galega.
Agora tiven tempo nada máis que para botar uns vistazos rápidos ao decreto, nestes días algo máis. Polo momento unhas ligazóns:
«Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia» –> http://www.culturagalega.org/imaxes/docs/not_16043.pdf
Vieiros: «Profundo malestar no mundo do ensino» –> http://www.vieiros.com/nova/77750/profundo-malestar-no-mundo-do-ensino
Galicia é: «Gloria Lago afirma que Feijóo incumpriu de xeito incuanlificable a súa promesa electoral» –> http://www.galiciae.com/nova/45457.html
A nosa Terra: «Redución do galego ao 33% coa escusa do inglés» –> http://www.anosaterra.org/nova/39550/reducion-do-galego-ao-33-coa-escusa-do-ingles-.html

Pagar a conta

Tres amigos comen xuntos, a conta ascende a 25€, poñen 10€ cada un, o camareiro lles devolve 5€, cada un toma 1€ e deixan 2€ de propina. Van a tomar café a outro sitio e comentas as contas da comida: coma un tiña posto 9€ habían gastado en total 27€ (9×3=27) máis 2€ da propina, é dicir, 29€.

Onde está o euro que falta?

Delincuentes e policías

Fronte ao cuartel xeral dunha banda de delincuentes temos a un grupo de policías observando ocultos dentro dunha furgoneta. Primeiro ven que chega un axente inimigo e tras chamar ao timbre, unha voz di: 18, el responde: 9, lle abren a porta e entra; máis tarde chega outro axente, lle din: 14, responde: 7 e entra.

Os policías danse conta de que respondendo o número que sexa a metade do que lle din poderán infiltrar a un axente propio, e así o intenta, este chama, lle din: 10, responde: 5 e o matan.

Por que?

Roubar, romper e parar

Esta historia relata un crime no que non houbo vítimas, pero é interesante como exemplo da rapidez mental do profesor Sabelotodo. O xerente de persoal dunha fábrica, vello amigo do profesor, pediulle axuda.

Aparentemente, catro empregados, Alfio, Beto, Carliños e Dani, eran sospeitosos dunha serie de crimes bastante estraños. En varias ocasións descubriuse a rotura de vidros, a detención dos reloxos e o roubo de lápices.

Eran tan curiosas esas faltas que me pareceu que o máis prudente era consultar a un estudioso da metne humana. Dende logo, esquecera que o profesor é profesor desa disciplina, entre moitas outras.

Verá vostede, sarxento Simple -díxome con certa brusquedade-, que son moi apaz de combinar a miña astucia de detective coa psicoloxía para resolver esta situación. Recordo un caso similar na illa de Nunca máis, e a miña experiencia, alá e noutras partes, indícame que con seguridade, este criem é un só e é obra dunha soa persoa. Onde hai unha fiestra rota, unha soa persoa é responsable do feito. Estes tres desdichados padecen unha enfermidade mental que os leva a deter os reloxos e cometer os demais crimes.

Por fortuna, o xerente de persoal da empresa puido brindarnos algunha información:

  • Unha fiestra resultoou rota e un reloxo detido nunha situación na que Alfio, Carlitos e Dani estaban presentes e calquera deles puido facelo.
  • Un lápis desapareceu e unha fiestra resultou rota nunha situación na que estaban presente Alfio, Beto e Carlitos. Finalmente, estando presentes Alfio e Dani, detívose un reloxo.

Evidentemente, aos lectores que non estiveron presentes resultaralles difícil concibir o pracer de contemplar a un supercebro en acción. Permítanme dicirlles que o profesor Sabelotodo resolveu o problema en menos tempo do que se necesita para romper unha fiestra.

Se un home rompe fiestras, outro detén os reloxos e outro rouba lápices, quen é o culpable de cada crime?

Empregados da fábrica

Na época deste relato, tres empregados da fábrica (Ernesto, Fede e Guille) realizaban tarefas de Abridor de portas, Pechador de portas e Obreiro. Pero non respectivamente.

O abridor eo pechador de portas acostumáronse a mentir (sempre minten). O obreiro dicía sempre a verdade.

  • Ernesto: Guille pecha as portas.
  • Fede: Ernesto abre as portas.
  • Guille: Fede é obreiro.

Cal é a tarefa de cada un?

Supervivencia no deserto I

O seguinte xogo de grupo explicareino en varias fases para que poidamos realizalo on-line. A partir da seguinte información débese facer unha clasificación individual, sinalando os obxecto máis necesario na situación que nos atopamos (1) e o menos crítico (15). O seguinte paso será consensuar unha lista grupal. Ánimo!

Os datos son os seguintes:

  • Son aproximadamente as 10 da mañá dun caluroso día de xullo.
  • A avioneta bimotor na que viaxábamos acaba de estrellarse no deserto do Sahara ao noroeste de Marruecos.
  • A avioneta está quemada, só queda o armazón.
  • O piloto e o copiloto están mortos, o resto dos viaxeiros estamos vivos.
  • Polas coordenadas que nos deron a coñecer antes de estrellarnos, supoñemos que estamos a 105 quilómetros foro do curso de voo e 120 quilómetros ao sur do primeiro campamento habitado.
  • Estamos nunha zona chá e unicamente se ven dunas no horizonte.
  • A última predicción de temperatura era de 49ºC.
  • Todos levamaos ropa fresca e lixeira, calzado apropiado.
  • Entre todos xutnamos 35€ en moedas e 950€ en billetes.
  • Cada un de nós ten un paquete de cigarrillos, unha pluma estilográfica e un pañuelo.

Dos seguintes obxectos, cales son máis importantes?

  • Unha lanterna con catro baterías.
  • Un coitelo (tipo navalla).
  • Un mapa aéreo seccional do área.
  • Un impermeable de plástico grande. 
  • Un compás magnético.
  • Un baumanómetro (instrumento para medir a presión sanguínea).
  • Unha pistola do calibre 45 cargada.  
  • Un paracaídas vermello e branco.
  • Unha botella con tabletas de sal (1Kg).
  • Un litro de auga.
  • Un libro titulado «Animales Comestibles do Deserto».
  • Un par de lentes de sol por persoa.
  • Dous litros de vodka (180º).
  • Un abrigo por persoa.
  • Un espello para cosméticos.

As illas

Na seguinte dinámica tomarase unha decisión grupal de identificación, pese a que realmente non aceptamos ningunha das conductas. Da importancia que lle den e da implicación que tomen os participantes na clasificación final radica a posibilidade de desenvolver os valores de responsabilidade, acollida e tolerancia.

A información coa que conta o grupo é a seguinte: 

  • Hai dúas illas separadas por tiburóns, para pasar de unha a outra precísase a axuda dun lancheiro.
  • Nunha das illas vive unha rapaza de 22 anos e a súa nai.
  • Na outra illa vive o mozo da rapaza e o mello amigo do mozo.
  • A rapaza via falar co lancheiro para ver canto lle cobra por trasladarlle á outra illa onde vai casarse co seu mozo.
  • O lancheiro di que a pasará a cambio de favores sexuais.
  • A rapaza volta xunta á súa nai e lle pide consello. A nai lle di que debe xulgar ela soa e tomar a súa decisión: «ti verás».
  • A rapaza acepta as condicións do barqueiro para poder casarse co seu mozo.
  • Ao chegar á illa llo conta todo ao seu mozo e este decide non casarse con ela posto que «foi probada por outro home».
  • Nese momento o mellor amigo do mozo lle di a ela que sempre a quiso e agora ante esta situación tan lastimosa quería casarse con ela.

 

E as preguntas que faremos, primeiro a título individual, depois grupal e unha nova vez individual, serán:

  • Con quen sentímonos máis reflexados?
  • Quen é máis coherente?

 

Finalmente realizarase a comparación da primeira e da segunda valoración individual.

  • Teñen cambiado de situación máis de dous persoaxes no listado?

Material didáctico?

Atópome inmersa na realización dun traballo sobre os materiais didácticos elaborados dende os concellos. A lectura de diversos artigos sobre a materia, clarifícanme algunhas ideas, pero a estas alturas sigo a ter moitísimas dúbidas sobre o que é e o que non é un material didáctico.

As seguintes son algunhas definición de materiais didácticos, algunhas de eminencias da área, outras atopadas na rede, e non sei ate que punto científicas.

  • «calquera tipo de material destinado a ser utilizado polo educando ou educanda e os materiais dirixidos a educadoras e educadores que se relacionen directamente con aqueles, sempre e cando estes materiais teñan como fianlidades axudar a educadoras e educadores no proceso de planificación e/ou de avaliación do curriculum«. Parcerisa, 2003.
  • «instrumento, recurso ou medio para axudar no aprendizaxe duns contidos e a consecución duns obxectivos» Parcerisa e Zabala (2000).
  • «calquera forma de recurso ou equipo que sexa usado normalmente para transmitir información entre persoas«. Rossi, 1966
  • «Apoios de carácter técnico que facilitan de forma directa a comunicación e a transmisión do saber, encamiñados á consecución dos obxectivos de aprendizaxe«. Lorenzo García Aretio, 2001
  • «calquera material elaborado coa intención de facilitar os procesos de ensinanza e aprendizaxe«. Cardona Ossa
  • «dispositivo instrumental que contén unha mensaxe educativa«. Jonathan Castillo.
  • «aqueles medios e recursos que facilitan a ensinanza e o aprendizaxe, dentro dun contexto educativo, estimulando a función dos sentidos para acceder de maneira doada á adquisición de conceptos, habilidades, actitudes ou destrezas«. Wikipedia.

Non sei que idea vos facedes, eu saco en claro que un material didáctico é calquera recurso para o aprendizaxe planificado. Fálase de obxectivos, de contidos, de planificación, de currículum…

E eu me pregunto:

  1. Un material curricular é necesariamente un material didáctico?
  2. Un material didáctico só o é se está pensado para a educación formal?
  3. Un material de divulgación do patrimonio é ou pode ser un material didáctico?
  4. Un material de sensibilización ou preservación do medio ambiente é un material didáctico?

Persoalmente non creo que todo material curricular sexa un material didáctico. Tampouco creo que un material didáctico se ciña a educación formal. Mais para que un recurso sexa considerado didáctico, creo que debe ter detrás de si un modelo de educación (e de ensinanza), unha finalidade e uns obxectivos.

 

Caso práctico.

A consellería de Medio Ambiente e Ecovidrio iniciaron o pasado 30 de setembro unha campaña de concienciación para a reciclaxe de vidro que percorrerá as principais cidades galegas. Unha patrullas de educadores ambientais sitúanse en lugares concorridos de A Coruña, Ferrol, Vigo, Pontevedra, Lugo e Ourense e reparten folletos informativos sobre a reciclaxe de vidro e manteis individuais de prástico.

Son os folletos e os manteis individuais materiais didácticos?

Ola Mundo!

Hoxe comeza a miña andaina particular pola blogomedia, xa desfrutei do Space de messenger, do Fotolog, do Facebook, do Tuenti… e aínda que este último manteñoo bastante ao día, o certo é que non chegaban a encherme.

Un mes despois do meu vintedous cumpreanos din o derradeiro pasiño para crear a miña propia bitácora, entrar en blogaliza.org. Se cadra, é o idioma galego o que lle faltaba a tódolos demáis espazos da web.

Tardei en pensarlle un título a esta bitácora, finalmente chamada »Ideograma dunha xénese», co que intento suxerir unha idea que levo tempo cavilando e que non fai moito plasmei con estas verbas:

«Educación, esa é a palabra, a que nos permite romper os tópicos e crear a nosa identidade propia e indiscutibelmente única. E a experiencia é o que fai posible a educación. Por iso, cando hoxe voto a vista atrás e penso nos erros cometidos, nos malos momentos vividos, nas decepcións, nos danos ocasionados ou que me ocasionaron, sorrío, e teño claro que non cambiaría absolutamente nada, porque renunciar a esas experiencias é renunciar a aprender, a ter voz propia, a razoar a persoa na que me convertín.» 25.08.2008 en Chegou o 22A e chegaron os 22.

Espero que este parágrafo servise para fundamentar os motivos que me levan a escoller a miña experiencia como punto de partida desta bitácora, e pola miña profesión, non podía ser doutro xeito que o principal tema sexa, ou vaia ser, a educación.

Pensando na definición de ‘Blog’ que da Albert Barra quero invitarmos a charlar, a entrar na miña casa e, espero, a disfrutar.

Olark Livehelp