Ola Mundo!

Hoxe comeza a miña andaina particular pola blogomedia, xa desfrutei do Space de messenger, do Fotolog, do Facebook, do Tuenti… e aínda que este último manteñoo bastante ao día, o certo é que non chegaban a encherme.

Un mes despois do meu vintedous cumpreanos din o derradeiro pasiño para crear a miña propia bitácora, entrar en blogaliza.org. Se cadra, é o idioma galego o que lle faltaba a tódolos demáis espazos da web.

Tardei en pensarlle un título a esta bitácora, finalmente chamada »Ideograma dunha xénese», co que intento suxerir unha idea que levo tempo cavilando e que non fai moito plasmei con estas verbas:

«Educación, esa é a palabra, a que nos permite romper os tópicos e crear a nosa identidade propia e indiscutibelmente única. E a experiencia é o que fai posible a educación. Por iso, cando hoxe voto a vista atrás e penso nos erros cometidos, nos malos momentos vividos, nas decepcións, nos danos ocasionados ou que me ocasionaron, sorrío, e teño claro que non cambiaría absolutamente nada, porque renunciar a esas experiencias é renunciar a aprender, a ter voz propia, a razoar a persoa na que me convertín.» 25.08.2008 en Chegou o 22A e chegaron os 22.

Espero que este parágrafo servise para fundamentar os motivos que me levan a escoller a miña experiencia como punto de partida desta bitácora, e pola miña profesión, non podía ser doutro xeito que o principal tema sexa, ou vaia ser, a educación.

Pensando na definición de ‘Blog’ que da Albert Barra quero invitarmos a charlar, a entrar na miña casa e, espero, a disfrutar.

1 Comentario

  1. karen millen dresses dijo

    20 de Abril del 2011 a las 9:09 a.m.

    I must admit this post is very wonderful . Thanks once again for the push!
    karen millen dress karen millen dresses

Comentarios RSS · TrackBack URI

Olark Livehelp