Material didáctico?
Atópome inmersa na realización dun traballo sobre os materiais didácticos elaborados dende os concellos. A lectura de diversos artigos sobre a materia, clarifícanme algunhas ideas, pero a estas alturas sigo a ter moitísimas dúbidas sobre o que é e o que non é un material didáctico.
As seguintes son algunhas definición de materiais didácticos, algunhas de eminencias da área, outras atopadas na rede, e non sei ate que punto científicas.
- “calquera tipo de material destinado a ser utilizado polo educando ou educanda e os materiais dirixidos a educadoras e educadores que se relacionen directamente con aqueles, sempre e cando estes materiais teñan como fianlidades axudar a educadoras e educadores no proceso de planificación e/ou de avaliación do curriculum“. Parcerisa, 2003.
- “instrumento, recurso ou medio para axudar no aprendizaxe duns contidos e a consecución duns obxectivos” Parcerisa e Zabala (2000).
- “calquera forma de recurso ou equipo que sexa usado normalmente para transmitir información entre persoas“. Rossi, 1966
- “Apoios de carácter técnico que facilitan de forma directa a comunicación e a transmisión do saber, encamiñados á consecución dos obxectivos de aprendizaxe“. Lorenzo García Aretio, 2001
- “calquera material elaborado coa intención de facilitar os procesos de ensinanza e aprendizaxe“. Cardona Ossa
- “dispositivo instrumental que contén unha mensaxe educativa“. Jonathan Castillo.
- “aqueles medios e recursos que facilitan a ensinanza e o aprendizaxe, dentro dun contexto educativo, estimulando a función dos sentidos para acceder de maneira doada á adquisición de conceptos, habilidades, actitudes ou destrezas“. Wikipedia.
Non sei que idea vos facedes, eu saco en claro que un material didáctico é calquera recurso para o aprendizaxe planificado. Fálase de obxectivos, de contidos, de planificación, de currículum…
E eu me pregunto:
- Un material curricular é necesariamente un material didáctico?
- Un material didáctico só o é se está pensado para a educación formal?
- Un material de divulgación do patrimonio é ou pode ser un material didáctico?
- Un material de sensibilización ou preservación do medio ambiente é un material didáctico?
- …
Persoalmente non creo que todo material curricular sexa un material didáctico. Tampouco creo que un material didáctico se ciña a educación formal. Mais para que un recurso sexa considerado didáctico, creo que debe ter detrás de si un modelo de educación (e de ensinanza), unha finalidade e uns obxectivos.
Caso práctico.
A consellería de Medio Ambiente e Ecovidrio iniciaron o pasado 30 de setembro unha campaña de concienciación para a reciclaxe de vidro que percorrerá as principais cidades galegas. Unha patrullas de educadores ambientais sitúanse en lugares concorridos de A Coruña, Ferrol, Vigo, Pontevedra, Lugo e Ourense e reparten folletos informativos sobre a reciclaxe de vidro e manteis individuais de prástico.
Son os folletos e os manteis individuais materiais didácticos?




























Iago Varela dixo
15 de outubro del 2008 a las 11:33 pm
A verdade é que estache a quedar un bonito blogue; alédame (e é unha boa nova) que andes activa neste mundo
Por certo… didactic material… that’s the cuestion!
Anónimo dixo
16 de outubro del 2008 a las 8:05 pm
Siiiii ¬¬