Supervivencia no deserto I
O seguinte xogo de grupo explicareino en varias fases para que poidamos realizalo on-line. A partir da seguinte información débese facer unha clasificación individual, sinalando os obxecto máis necesario na situación que nos atopamos (1) e o menos crítico (15). O seguinte paso será consensuar unha lista grupal. Ánimo!
Os datos son os seguintes:
- Son aproximadamente as 10 da mañá dun caluroso día de xullo.
- A avioneta bimotor na que viaxábamos acaba de estrellarse no deserto do Sahara ao noroeste de Marruecos.
- A avioneta está quemada, só queda o armazón.
- O piloto e o copiloto están mortos, o resto dos viaxeiros estamos vivos.
- Polas coordenadas que nos deron a coñecer antes de estrellarnos, supoñemos que estamos a 105 quilómetros foro do curso de voo e 120 quilómetros ao sur do primeiro campamento habitado.
- Estamos nunha zona chá e unicamente se ven dunas no horizonte.
- A última predicción de temperatura era de 49ºC.
- Todos levamaos ropa fresca e lixeira, calzado apropiado.
- Entre todos xutnamos 35€ en moedas e 950€ en billetes.
- Cada un de nós ten un paquete de cigarrillos, unha pluma estilográfica e un pañuelo.
Dos seguintes obxectos, cales son máis importantes?
- Unha lanterna con catro baterías.
- Un coitelo (tipo navalla).
- Un mapa aéreo seccional do área.
- Un impermeable de plástico grande.
- Un compás magnético.
- Un baumanómetro (instrumento para medir a presión sanguínea).
- Unha pistola do calibre 45 cargada.
- Un paracaídas vermello e branco.
- Unha botella con tabletas de sal (1Kg).
- Un litro de auga.
- Un libro titulado “Animales Comestibles do Deserto”.
- Un par de lentes de sol por persoa.
- Dous litros de vodka (180º).
- Un abrigo por persoa.
- Un espello para cosméticos.



























