Roubar, romper e parar

Esta historia relata un crime no que non houbo vítimas, pero é interesante como exemplo da rapidez mental do profesor Sabelotodo. O xerente de persoal dunha fábrica, vello amigo do profesor, pediulle axuda.

Aparentemente, catro empregados, Alfio, Beto, Carliños e Dani, eran sospeitosos dunha serie de crimes bastante estraños. En varias ocasións descubriuse a rotura de vidros, a detención dos reloxos e o roubo de lápices.

Eran tan curiosas esas faltas que me pareceu que o máis prudente era consultar a un estudioso da metne humana. Dende logo, esquecera que o profesor é profesor desa disciplina, entre moitas outras.

Verá vostede, sarxento Simple -díxome con certa brusquedade-, que son moi apaz de combinar a miña astucia de detective coa psicoloxía para resolver esta situación. Recordo un caso similar na illa de Nunca máis, e a miña experiencia, alá e noutras partes, indícame que con seguridade, este criem é un só e é obra dunha soa persoa. Onde hai unha fiestra rota, unha soa persoa é responsable do feito. Estes tres desdichados padecen unha enfermidade mental que os leva a deter os reloxos e cometer os demais crimes.

Por fortuna, o xerente de persoal da empresa puido brindarnos algunha información:

  • Unha fiestra resultoou rota e un reloxo detido nunha situación na que Alfio, Carlitos e Dani estaban presentes e calquera deles puido facelo.
  • Un lápis desapareceu e unha fiestra resultou rota nunha situación na que estaban presente Alfio, Beto e Carlitos. Finalmente, estando presentes Alfio e Dani, detívose un reloxo.

Evidentemente, aos lectores que non estiveron presentes resultaralles difícil concibir o pracer de contemplar a un supercebro en acción. Permítanme dicirlles que o profesor Sabelotodo resolveu o problema en menos tempo do que se necesita para romper unha fiestra.

Se un home rompe fiestras, outro detén os reloxos e outro rouba lápices, quen é o culpable de cada crime?

2 comentarios até agora »

  1. iago varela dixo

    9 de novembro del 2008 a las 11:11 am

    Bufff… este é moi complicado, eh? levo tempo dándolle voltas…

  2. carmendenebola dixo

    9 de novembro del 2008 a las 12:32 pm

    Os datos que coñecemos:
    - Os catro empregados son: Alfio, Beto, Carlitos e Dani.
    - Os crimes son: romper fiestras, deter reloxos e roubar lapis.
    - Un dos empregados non cometeu ningún crime, o resto cometu un cada un.

    Agrupamos os datos polas situacións coñecidas:
    - Situación de fiestra + reloxo = 3 posíbeis culpábeis.
    - Situación de lapis + fiestra = 3 posíbeis culpábeis.
    - Situación de reloxo = 2 posíbeis culpábeis.

    Agrupamos os datos polos crimes cometidos:
    - Romper fiestras: puideron ser Alfio, Carlitos e Dani.
    - Deter reloxos: puideron ser Alfio e Dani.
    - Roubar lápis: puideron ser Alfio, Beto e Carlitos.

    A primeira deducción: en tódolos casos estaba presente unha persoa máis ca o número de culpábeis; o único que estivo presente en tódalas accións foi Alfio, presupoñemos que el non cometeu ningún crime.

Comentarios RSS · TrackBack URI

Podes comentar

Nome:

Correo:

Sitio WEB:

Comentario: